Uranio enriquecido

Proporcións de uranio-238 (azul) e uranio-235 (vermello) en estado natural e en estado enriquecido

O uranio enriquecido é un tipo de uranio no que a proporción de uranio-235 na súa composición está incrementada por medio dun proceso de separación de isótopos. O uranio natural está composto dun 99,284% de isótopos de 238U, e o 235U só constitúe un 0,711% da súa masa. 235U é o único nucleido primordial fisible con neutróns térmicos.[1]

O uranio enriquecido é un compoñente esencial para a xeración de enerxía nuclear e para as armas nucleares. A Axencia Internacional da Enerxía Atómica procura supervisar e controlar as subministracións e procesos de enriquecemento de uranio nun esforzo para asegurar xeración de enerxía nuclear e previr a proliferación de armas nucleares.[2]

  1. OECD Nuclear Energy Agency (2003). Nuclear Energy Today. OECD Publishing. p. 25. ISBN 9789264103283. 
  2. Thomas B. Cochran (Natural Resources Defense Council) (12 de xuño de 1997). "Safeguarding Nuclear Weapon-Usable Materials in Russia" (PDF). Proceedings of international forum on illegal nuclear traffic. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2012. Consultado o 13 de decembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy